Avilés de Taramancos, Antón (1935-1992 )

Tres capitáns de tempos idos / Antón Aviles de Taramancos ; edición, introducción e apéndice, Pilar Sampedro ; ilustracións de Manolo Uhía. - 1ª ed. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2003. - 67 p. : il. ; 19 cm. - (Merlín (Edicións Xerais de Galicia) ; 133) .

Trátase da única peza de teatro e a única obra pensada para o público infantil que deixou Antón Avilés de Taramancos. Escrita na primavera de 1983, coa finalidade de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; foi representada en Noia, no mes de xuño do mesmo ano, no seo das primeiras Xornadas de teatro na escola, organizadas pola Asociación Cultural Catavento. A obra, que permaneceu inédita dende a súa estrea, publicouse por vez primeira nesta colección. Organizada en tres lances, e concibida especificamente para ser representada por escolares, esta peza constitúe unha apaixonante viaxe pola historia da literatura galega; aquí desfilan personaxes como os reis e os trobadores, ou o mesmo Francisco Añón. A presente edición inclúe a reproducción dos figurinos orixinais, debuxados polo propio Avilés, e complétase cunha biografía do autor e a historia do devir da peza, preparada pola profesora Pilar Sampedro, a primeira directora que puxo en escena a obra.

8483029669

Teatro.

82-2:087.5

Coa tecnoloxía Koha