Ernesto bo día / José Campanari ; ilustracións de Joâo Vaz de Carvalho
por Campanari, José
; Carvalho, Joáo Vaz de [ilustrador/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | CEIP Paradai Sala préstamo | 82-N CAM ern | Dispoñible | Zona 3-6 anos | LEC025000002247 |
|
||
| Prestable | CEIP Paradai Sala préstamo | 82-N CAM ern | Dispoñible | Zona 3-6 | LEC025000001765 |
|
Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na casa da súa noiva Henriqueta. A cita era ás seis, nin un minuto antes, nin un minuto despois. Ernesto saíu da casa nunha tarde soleada, mentres Henriqueta, a irmá, a nai, o pai e a avoa preparaban a merenda. Levantouse unha brisa, caeron unhas pingas, choveu e ventou… mentres a familia da noiva, desacougada, non deixaba de mirar o reloxo porque Ernesto non daba chegado. Contido e linguaxe accesibles para os primeiros lectores, e ademais unhas ilustracións moi expresivas, en complicidade perfecta coa narración. Imaxes concibidas para que non perdamos de vista o que acontece nos dous ambientes en que se desenvolve a historia: a rúa e o interior da casa de Henriqueta. Unha divertida historia na que o protagonista, seguindo a máxima do avó —ao mal tempo boa cara—, non perde o ánimo nin nos momentos máis críticos; un comportamento que induce a pensar que hai que mirar o horizonte e afrontar as dificultades con tenacidade e confianza. O final, con desenlace feliz, reforza o optimismo, que xa de seu, desprende este álbum. Texto de José Campanari Ilustracións de João Vaz de Carvalho Tradución do castelán de Sara Monda
4º-5º-6º Educación Infantil
1º-2º Primaria