Vista normal Vista MARC Vista ISBD

O cabaleiro Pepino / Carmen Gil

por Gil, Carmen [autor/a]; Castagnoli, Anna [ilustrador/a]; Núñez, Marisa [tradutor/a].
Tipo: MonografíaSeries: Colección Q.Editor: Pontevedra : OQO , 2007 Edición: 1ª ed.Descrición: [46] p. : il. cor ; 22 cm.ISBN: 9788496788138.Títulos uniformes: El caballero Pepino.Materia(s): Bruxas | Amor | Solidaridade | Aventuras | XenerosidadeRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Pepino pensa que converténdose en valente cabaleiro será digno do amor da princesa Rigoberta. Logo de moitas andainas e aventuras nas que vai sacando de apuros a quen atopa polo camiño, Pepino chega ao castelo cunha pinta estrafalaria e pouco cabaleirosa; non consegue trofeos de guerra, pero a súa bondade e xenerosidade terán felices consecuencias. Cunha clara vontade de resaltar a importancia dos verdadeiros valores humanos, Carmen Gil crea un divertido e tenro personaxe, con aptitudes de sobra para gañar o afecto de todos. Unha conduta a súa, que nos recorda moito á daqueles antigos e nobres cabaleiros con ansia de xustiza. A autora con prosa áxil e sen renunciar ao seu ton lírico habitual, engarza con mestría parágrafos xeniais polos que desfilan divertidos personaxes do mundo da fábula. Mais neste relato, tamén hai momentos que semellan tirados das novelas de cabaleiros, sensibilidade romántica e por último, un xeito de se expresar humorístico e irónico, que ridiculiza con astucia os comportamentos violentos e irracionais ao redor das batallas. Os sucesos están narrados ao estilo da tradición oral, con diálogos frecuentes e unha linguaxe sinxela que lle fará sentir ao lector o valor das pequenas cousas e a importancia da conduta individual, á marxe de ideas ou crenzas convencionais que, a pouco que se reflexione, resultan absurdas. Pola súa banda, Anna Castagnoli presenta unha colaxe integrada na técnica pictórica tradicional, nun traballo moi elaborado, minucioso e innovador. Xoga cos escenarios da historia, e consegue involucrar o lector con poéticas imaxes que inciden sobre os sentimentos. Por último, hai que salientar o afán da ilustradora italiana, por reflectir a distinta personalidade de cada un dos personaxes, que describe con delicados recursos plásticos, ao igual que o ambiente. Texto de Carmen Gil Ilustracións de Anna Castagnoli Tradución do castelán de Marisa Núñez
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Paradai
Sala préstamo
82-N GIL cab Dispoñible Zona 8-10 anos LEC025000002962

Pepino pensa que converténdose en valente cabaleiro será digno do amor da princesa Rigoberta. Logo de moitas andainas e aventuras nas que vai sacando de apuros a quen atopa polo camiño, Pepino chega ao castelo cunha pinta estrafalaria e pouco cabaleirosa; non consegue trofeos de guerra, pero a súa bondade e xenerosidade terán felices consecuencias. Cunha clara vontade de resaltar a importancia dos verdadeiros valores humanos, Carmen Gil crea un divertido e tenro personaxe, con aptitudes de sobra para gañar o afecto de todos. Unha conduta a súa, que nos recorda moito á daqueles antigos e nobres cabaleiros con ansia de xustiza. A autora con prosa áxil e sen renunciar ao seu ton lírico habitual, engarza con mestría parágrafos xeniais polos que desfilan divertidos personaxes do mundo da fábula. Mais neste relato, tamén hai momentos que semellan tirados das novelas de cabaleiros, sensibilidade romántica e por último, un xeito de se expresar humorístico e irónico, que ridiculiza con astucia os comportamentos violentos e irracionais ao redor das batallas. Os sucesos están narrados ao estilo da tradición oral, con diálogos frecuentes e unha linguaxe sinxela que lle fará sentir ao lector o valor das pequenas cousas e a importancia da conduta individual, á marxe de ideas ou crenzas convencionais que, a pouco que se reflexione, resultan absurdas. Pola súa banda, Anna Castagnoli presenta unha colaxe integrada na técnica pictórica tradicional, nun traballo moi elaborado, minucioso e innovador. Xoga cos escenarios da historia, e consegue involucrar o lector con poéticas imaxes que inciden sobre os sentimentos. Por último, hai que salientar o afán da ilustradora italiana, por reflectir a distinta personalidade de cada un dos personaxes, que describe con delicados recursos plásticos, ao igual que o ambiente. Texto de Carmen Gil Ilustracións de Anna Castagnoli Tradución do castelán de Marisa Núñez

3º-4º Primaria

Coa tecnoloxía Koha