Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Hansel e Gretel / texto de Tina Meroto, a partir do conto dos irmáns Grimm ; ilustracións de Iratxe López de Munáin

por Meroto, Tina; López de Munáin, Iratxe.
Tipo: MonografíaSeries: COLECCIÓN O.Editor: Pontevedra :OQO Editora ,2014 Edición: 1ªED/FEBREIRO/2014.Descrición: [37] p. :il. cor ;24 cm +1 CD.ISBN: 9788498714876.Materia(s): Contos clásicos | Cuentos clásicos -- Libros infantiles
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Paradai
Sala préstamo
82-N MER han Dispoñible Zona 3-6 anos LEC025000000025

Era unha vez unha parella de labregos moi pobres, que tiñan dous fillos:un neno, que se chamaba Hansel, e unha nena, que se chamaba Gretel. Unha terrible seca arruinara as súas colleitas e, como non tiñan comida para pasar o inverno, decidiron abandonar os nenos no bosque. E así foi... abandonados polos seus pais, Hansel e Gretel pérdense no bosque e atopan unha casa co tellado de chocolate, paredes de mazapán e fiestras de caramelo. Mentres gozan dos marabillosos manxares, unha malvada bruxa espreita e os arrastra cara o interior da casa.. En varias versións deste conto, un dos máis coñecidos dos irmáns Grimm, a situación inicial está composta por dous elementos: a pobreza da familia e a crueldade da madrastra, o primeiro elemento servindo de pretexto ao segundo. Na súa primeira versión de 1812, os irmáns Grimm falaban de nai, pero, en versións posteriores como a de 1819, introduciron o personaxe da madrastra, á que non lle unían lazos de sangue cos fillos do seu marido. Esta adaptación, baseada na primeira versión do conto, aporta elementos orixinais, diferenciándose doutras interpretacións. A verdadeira causa do abandono, neste caso, é a extrema pobreza dos pais. Tanto o texto como a imaxe buscan comunicar a unión da familia. Non estamos diante duns pais desalmados, pola contra, senten pena e remorso por verse na obriga de tomar unha decisión drástica que resulta ser errónea. Neste conto, aparecen tamén os conceptos de perdón e de xenerosidade. Os nenos non gardan rancor aos seus proxenitores e, ao seu retorno, todo volve á normalidade e comparten os tesouros non só cos seus pais senón con todos os habitantes da rexión. Grazas á astucia de Hansel e os coñecementos que Gretel ten das propiedades das prantas, sen desfalecer diante da adversidade, son quen de superar os problemas e acabar coa bruxa.En certo modo, Hansel e Gretel son os auxiliadores, como apunta a ilustradora Iratxe López de Munáin: “Trátase dunha viaxe iniciática no que os dous irmáns vense na obriga de enfrontarse a situacións hostís que lles fan medrar para converterse en salvadores da situación de miseria na que vive a familia".

Coa tecnoloxía Koha