| 000 | 02851cam a22002057 4500 | ||
|---|---|---|---|
| 997 | 0 | 0 | _e2 |
| 008 | 100503s2009 sp a | |||| 000 1 glg | ||
| 017 | _aPO 787-2009 | ||
| 020 | _a9788498712247 | ||
| 080 | _a82-N | ||
| 100 | 0 |
_aDarabuc _d1973- _eaut _934372 |
|
| 245 | 1 | 0 |
_aSopa de nada _ctexto de Darabuc ; ilustracións de Rashin Kheiriyeh ; [tradución do castelán, Marisa Núñez] |
| 250 | _a1ª ed. | ||
| 260 |
_aPontevedra _bOQO _c2010 |
||
| 300 |
_a[32] p. _bil. col. _c24 x 26 cm |
||
| 490 | 0 | _aColección OQO | |
| 520 | 3 | _a—Se con iso abonda… —Que se abonda? Madia leva! Darabuc e mais Rashin Kheiriyeh son os cociñeiros desta deliciosa Sopa de nada que a partir de agora os esfameados lectores poderán atopar dentro da carta de OQO editora. O autor recupera unha antiga receita, a da Sopa de pedra, un conto popular que como adoita suceder cos relatos de orixe tradicional presenta versións distintas segundo o país. Darabuc, coñecedor desta rica tradición, inspírase nela pero reelabora os ingredientes e cociña unha Sopa de nada, persoal, moderna e con grandes doses de humor. O resultado é unha fábula coa que os rapaces aprenderán a importancia de compartir e de ser solidarios. E por riba, descubrirán que para superar situacións de necesidade e dificultades, moitas veces abonda cun pouco de enxeño e imaxinación. Os protagonistas, coma en case todas as fábulas, son animais. Neste caso, María Raposa e Xan Gato, dous pícaros que un bo día chegan ás portas dun palacio pedindo comida. Alí vive o avaro de Xan Rata que non lles quere dar nada, e eles entón ofrécense a prepararlle unha sopa ben prodixiosa, sopa de nada. O autor xoga co simbolismo dos personaxes, xa que tanto o raposo como o gato son animais aos que o imaxinario colectivo lles atribúe características como a intelixencia ou a astucia. E outro tanto se pode dicir da rata, animal asociado tradicionalmente coa mesquindade. Darabuc aposta por unha estrutura dialogada na que as réplicas e contrarréplicas sempre graciosas dos personaxes fan avanzar a historia. O esquema, que en liñas xerais se mantén fiel á tradición, é o seguinte: María Raposa suxire algún ingrediente co que a sopa sabería moito mellor e Xan Rata que non se dá conta da artimaña acepta de bo grao darllo, porque só se trata dun ingrediente sen importancia. A repetición de todos os ingredientes cada vez que se engade un novo, alén de axudar ao ritmo do relato, bríndalles aos máis pequenos unha oportunidade de ouro para traballaren con algunhas das unidades de medida (gurricha, brazada, restra ou ducia) máis habituais na cociña. Reforzan tamén o ritmo da narración, outros recursos como a medida dos versos ou a presenza de fórmulas que se repiten de pri | |
| 521 |
_aINF456 _aPRI12 |
||
| 700 | 1 |
_aKheiriyeh, Rashin _d1979- _eill _9146664 |
|