000 02827nam a2200313 i 4500
008 100415s2007 sp c glg
017 _aPO 089-2007
020 _a9788496788138
080 1 _a82-N
100 _aGil, Carmen
_eaut
_93834
240 _aEl caballero Pepino
245 2 _aO cabaleiro Pepino
_c/ Carmen Gil
250 _a1ª ed.
260 _aPontevedra
_b: OQO
_c, 2007
300 _a[46] p.
_b: il. cor
_c; 22 cm
490 _aColección Q
520 3 _aPepino pensa que converténdose en valente cabaleiro será digno do amor da princesa Rigoberta. Logo de moitas andainas e aventuras nas que vai sacando de apuros a quen atopa polo camiño, Pepino chega ao castelo cunha pinta estrafalaria e pouco cabaleirosa; non consegue trofeos de guerra, pero a súa bondade e xenerosidade terán felices consecuencias. Cunha clara vontade de resaltar a importancia dos verdadeiros valores humanos, Carmen Gil crea un divertido e tenro personaxe, con aptitudes de sobra para gañar o afecto de todos. Unha conduta a súa, que nos recorda moito á daqueles antigos e nobres cabaleiros con ansia de xustiza. A autora con prosa áxil e sen renunciar ao seu ton lírico habitual, engarza con mestría parágrafos xeniais polos que desfilan divertidos personaxes do mundo da fábula. Mais neste relato, tamén hai momentos que semellan tirados das novelas de cabaleiros, sensibilidade romántica e por último, un xeito de se expresar humorístico e irónico, que ridiculiza con astucia os comportamentos violentos e irracionais ao redor das batallas. Os sucesos están narrados ao estilo da tradición oral, con diálogos frecuentes e unha linguaxe sinxela que lle fará sentir ao lector o valor das pequenas cousas e a importancia da conduta individual, á marxe de ideas ou crenzas convencionais que, a pouco que se reflexione, resultan absurdas. Pola súa banda, Anna Castagnoli presenta unha colaxe integrada na técnica pictórica tradicional, nun traballo moi elaborado, minucioso e innovador. Xoga cos escenarios da historia, e consegue involucrar o lector con poéticas imaxes que inciden sobre os sentimentos. Por último, hai que salientar o afán da ilustradora italiana, por reflectir a distinta personalidade de cada un dos personaxes, que describe con delicados recursos plásticos, ao igual que o ambiente. Texto de Carmen Gil Ilustracións de Anna Castagnoli Tradución do castelán de Marisa Núñez
521 _aPRI34
650 _aBruxas
_91169
650 _aAmor
_9280434
650 _aSolidaridade
_91567
650 _aAventuras
_9280435
650 _aXenerosidade
_941907
700 _aCastagnoli, Anna
_eill
_91385
700 _aNúñez, Marisa
_etrl
_9587
856 _uhttps://oqo.es/gl/produto/o-cabaleiro-pepino/
997 _e2