| 000 | 02920nam a2200229 i 4500 | ||
|---|---|---|---|
| 008 | 160916s2014 sp g glg | ||
| 017 | _aPO 041-2014 | ||
| 020 | _a9788498714876 | ||
| 080 | 1 | _a85(RJ) | |
| 100 | _aMeroto, Tina | ||
| 245 | 0 |
_aHansel e Gretel _c/ texto de Tina Meroto, a partir do conto dos irmáns Grimm ; ilustracións de Iratxe López de Munáin |
|
| 250 | _a1ªED/FEBREIRO/2014 | ||
| 260 |
_aPontevedra _b:OQO Editora _c,2014 |
||
| 300 |
_a[37] p. _b:il. cor _c;24 cm _e+1 CD |
||
| 490 | 0 | _aCOLECCIÓN O | |
| 500 | _aEra unha vez unha parella de labregos moi pobres, que tiñan dous fillos:un neno, que se chamaba Hansel, e unha nena, que se chamaba Gretel. Unha terrible seca arruinara as súas colleitas e, como non tiñan comida para pasar o inverno, decidiron abandonar os nenos no bosque. E así foi... abandonados polos seus pais, Hansel e Gretel pérdense no bosque e atopan unha casa co tellado de chocolate, paredes de mazapán e fiestras de caramelo. Mentres gozan dos marabillosos manxares, unha malvada bruxa espreita e os arrastra cara o interior da casa.. En varias versións deste conto, un dos máis coñecidos dos irmáns Grimm, a situación inicial está composta por dous elementos: a pobreza da familia e a crueldade da madrastra, o primeiro elemento servindo de pretexto ao segundo. Na súa primeira versión de 1812, os irmáns Grimm falaban de nai, pero, en versións posteriores como a de 1819, introduciron o personaxe da madrastra, á que non lle unían lazos de sangue cos fillos do seu marido. Esta adaptación, baseada na primeira versión do conto, aporta elementos orixinais, diferenciándose doutras interpretacións. A verdadeira causa do abandono, neste caso, é a extrema pobreza dos pais. Tanto o texto como a imaxe buscan comunicar a unión da familia. Non estamos diante duns pais desalmados, pola contra, senten pena e remorso por verse na obriga de tomar unha decisión drástica que resulta ser errónea. Neste conto, aparecen tamén os conceptos de perdón e de xenerosidade. Os nenos non gardan rancor aos seus proxenitores e, ao seu retorno, todo volve á normalidade e comparten os tesouros non só cos seus pais senón con todos os habitantes da rexión. Grazas á astucia de Hansel e os coñecementos que Gretel ten das propiedades das prantas, sen desfalecer diante da adversidade, son quen de superar os problemas e acabar coa bruxa.En certo modo, Hansel e Gretel son os auxiliadores, como apunta a ilustradora Iratxe López de Munáin: “Trátase dunha viaxe iniciática no que os dous irmáns vense na obriga de enfrontarse a situacións hostís que lles fan medrar para converterse en salvadores da situación de miseria na que vive a familia". | ||
| 650 | _aContos clásicos | ||
| 650 |
_aCuentos clásicos _vLibros infantiles |
||
| 700 | _aLópez de Munáin, Iratxe | ||
| 997 | _e2 | ||